Solidaridad Nº 164<br>MADE IN BANGLADESH
Póster Nº164<br>EMPRESAS EN BANGLADESH
 campaña
Santiago de Compostela, 06/05/2011
Otros temas relacionados: Hambre

El inicio de la campaña electoral en Santiago de Compostela comenzó con una Mesa Redonda convocada por la Coordinadora Galega de ONGD para someter a preguntas de la ciudadanía a personas que encabezan las listas de BNG, EU, SAIN, PP, PSOE a las Elecciones Municipales de Santiago de Compostela.

Los candidatos que acudieron fueron: Elvira Cienfuegos (nº2 por el BNG), Xavier Ron (nº1 por EU), Lupe Rodríguez (nº9 por el PSOE), Paula Prado (nº2 por el PP) y Cristina Bandín (nº1 por el SAIN).

Transcribimos algunas de las respuestas de Cristina Bandín:

¿Como está recollida a cooperación internacional nos vosos programas?

O noso programa electoral ten en todos os seus puntos aos  empobrecidos, en TODOS... é o fundamental do programa. De maneira que non é un apartado dunhas liñas... senón que atravesa todo o programa, dende como entendemos a loita contra as causas da fame e a explotación, ata como entendemos a democracia.  POÑO ALGÚNS EXEMPLOS DO PROGRAMA:

1º punto: DESAPARICIÓN DA FAME E SOLIDARIEDADE COS INMIGRANTES EMPOBRECIDOS... SON “O ROSTRO” da fame no noso territorio. Cese de todos os mecanismos de roubo e RESTITUCIÓN. Fin da especulación dos alimentos e as subvencións agrícolas que destrúen a economía dos países empobrecidos.  Deixar de colaborar coa le ide estranxeiría e protexer aos máis débiles.
2do punto para loitar contra o PARO E A EXPLOTACIÓN: asociación entre todos os traballadores do mundo, erradicar a explotación...

É moi importante que este Concello estudie, coñeza e publique a situación CONCRETA de explotación que se vive aquí. ¿Cantas persoas obrigadas  a facer horas extras sen cobrar? ¿Cantos horarios abusivos, salarios indignos falsos contratos,...? ¿

3º punto: desaparición da escravitude infantil...
- Dar á nosa mocidade outros “modelos”... poñer o nome de Iqbal Masih a unha praza da cidade. Iqbal Masih é un exemplo de loita asociada e de solidariedade... o mellor para a nosa mocidade. Sen embargo, o Concello de Santiago aproba hipocritamente unha Moción contra a Escravitude Infantil pero non fai nada... A Moción non significou nada! para os señores Concelleiros.
Hai Concellos en España que poñen a Iqbal Masih como exemplo para a xuventude... Hai Estatuas, prazas, folletos informativos, libros escolares... O Sr Bugallo, a pesar de que llelo pediron centos de nenos e adultos da cidade por escrito, prefire propoñer outros modelos... Nós cremos que ter como modelo a Iqbal sería un bo servizo aos nenos e mozos compostelanos.

4º punto: democracia real... potenciar o protagonismo asociado e veciñal autofinanciado... modificar as ordenanzas municipais para potenciar a liberdade de expresión das asociacións que busquen o ben común.

E así... ata o punto 10!!!!!!!!!!!!!!!!!

O 1º para resolver algo que verdadeiramente nos preocupa é VER A SITUACIÓN CONCRETA, COÑECELA, SABER PORQUE, DIALOGALA, POÑELO NA PZA PÚBLICA, nos colexios, nas asociacións de pais, nos centros socioculturais, nos centros de saúde... en TODAS PARTES. ¿E cal é o problema fundamental para o SAIN? Sen dúbida... a fame no mundo. Se Europa, España, Galicia, Santiago... se roubamos aos países empobrecidos a mans cheas (calcúlase que entre o 25 e o 40% da riqueza dos países enriquecidos é froito do roubo aos países empobrecidos) non podemos propoñer outra cousa que non sexa o cese dos mecanismos de roubo, o cese da persecución aos inmigrantes empobrecidos.

A “axuda”, a cooperación internacional que nos vendeu o goberno do PSOE co Plan África supuxo máis vixianza e máis riscos para os inmigrantes... supuxo máis mortes. Os acordos de pesca con África son roubo, etc, etc.
Unha diferencia fundamental entre o SAIN e o resto dos programas, mitines, actos, políticas, axendas e vida dos outros partidos... é que a fame, os pobres... para nós son o centro da vida política, son o fundamental. ¿Que socialismo é este que vai a China e non denuncia a violación dos dereitos humanos? ¿Que socialismo é este que fai negocios cos dictadores africanos... ata que non convén economicamente?

Queremos que a sociedade compostelana poida VER.... porque non vemos... ás mulleres prostituidas nos pisos da cidade, aos inmigrantes explotados na hostalería, aos sen teito durmindo na dársena de Xoán XXIII...
O outro día publicaban os beneficios millonarios de Inditex, empresa galega que todos coñecedes. O 50% das aperturas de Zara serán en Asia. ¿Que dereitos laborais hai en Asia? ¿Quen traballa en Asia? ¿Por que Santiago non se fai cidade irmá con cidades onde INDITEX, UNIÓN FENOSA, ou outras empresas galegas... explotan? ¿Por qué no empezamos a dicir estas cousas en alto, nos centros educativos? ¿Para que serven as cidades irmás? Serven para facer máis sensibles e solidarios aos compostelanos? Ou para viaxes e negocios particulares?

¿Nesta época de crise... convén recortar outras partidas, ou vaise recortar o que afecta aos máis débiles porque non protestan?


Hai moitas outra partidas das que recortar antes... salarios dos políticos, privilexios, o que cobran por asistir aos plenos... as dietas...
O dos salarios a min me parece unha cuestión xa de credibilidade. ¿Como podemos pensar que a política é un servizo ao ben común... se o Alcalde gana máis de 60.0000 euros ao ano... ? ¿como pode pensarse iso? Por que teñen que cobrar os políticos municipais as cantidades que cobran por asistir aos plenos... é a súa obriga!! Nós propoñemos que todos os cargos electos cobren o SMI como proba do seu compromiso de servizo aos cidadáns... habería partidas dos orzamentos que empezarían a adelgazar rapidamente, moi rapidamente.... e cambiaría seguramente o ambiente dos plenos municipais, e das comisións... etc, etc.
Tamén se pode recortar en festas, en publicidade das concellerías,... obras innecesarias... cambiar as flores continuamente... En fin! Penso que non se pode recortar o que se dedica aos empobrecidos... porque non é nada.

Outra medida moi necesaria a nivel dos orzamentos xerais do Estado sería a supresión das subvencións partidos políticos... iso si que sería unha medida eficaz para sanear a vida democrática deste país.

 

  +info favoritos imprimir   recomendar   facebook twitter menéame  
agenda
 
L
M
X
J
V
S
D
           1  2
 3  4  5  6  7  8  9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
 

SOLIDARIDAD Y AUTOGESTIÓN INTERNACIONALISTA | PARTIDO SAIn

solidaridad :: compartir hasta lo necesario para vivir | autogestión :: democracia real | internacionalismo :: ni banderas ni fronteras